O Liceo xoga contra o Valongo a presenza nos cuartos de final da Champions
O Liceo xoga contra o Valongo a presenza nos cuartos de final da Champions
Duelo directo polo cuarto posto na fase de grupos, que poderemos seguir na G2 e Agalega.gal este xoves ás 20:30 horas
O Deportivo Liceo xoga unha porcentaxe moi alta do pase aos cuartos de final da Champions ante o Valongo. O partido poderá verse este xoves pola segunda canle da Televisión de Galicia (G2) e por Agalega.gal.
O cadro coruñés (6 puntos) e o portugués (4 puntos) son os que ocupan o cuarto e o quinto postos da fase de grupos da máxima competición europea. Unha vitoria en Riazor faría que o Liceo avantaxase o seu rival en cinco puntos, con só tres xornadas máis por diante, e garantiría a presenza nas eliminatorias polo título.
O partido da ida en terras portuguesas xa foi moi quente e acabou con empate (3-3), cun polémico gol do Valongo no último minuto. Iso fai que as ganas de desquite no equipo liceísta sexan maiores.