Publicador de contidos
Publicador de contidos

A defensa do Liceo evita o triunfo do Benfica (0-0)

A defensa do Liceo evita o triunfo do Benfica (0-0)

Os coruñeses fixeron un grande esforzo defensivo e roubáronlle os primeiros puntos ao campión portugués nesta edición da Champions

G24.gal 09/01/2025 22:16

O Deportivo Liceo sumou un punto ante un Benfica que levaba pleno de vitorias (e goleadas) nas catro primeiras xornadas da Champions de hóckey. O equipo coruñés realizou un partido moi serio en defensa e conseguiu parar o grande arsenal ofensivo que ten o equipo portugués liderado por Pau Bargalló, João Rodrigues, Lucas Ordóñez ou Nil Roca. 

Remata deste xeito a primeira volta da fase de grupos na que o Liceo apañou tres empates, unha vitoria e só unha derrota. Terá que explotar o factor Riazor na segunda parte da competición, pois recibe os rivais que ten por debaixo na clasificación na súa casa, e aí será onde teña que certificar o pase aos cuartos de final. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar