Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pablo Martínez, sobre a posible baixa de Yeremay: "Está moi centrado no equipo"

Pablo Martínez, sobre a posible baixa de Yeremay: "Está moi centrado no equipo"

"Hai que aproveitarnos deste xogador mentres estea aquí", asegurou un dos capitáns do Deportivo

G24.gal 15/01/2025 12:02

O nome de Yeremay está na boca de todos os xogadores do Deportivo. Un dos de máis peso no vestiario, o francés Pablo Martínez, falou desa posible marcha á que se referiu o propio xogador canario despois do encontro contra o Málaga. 

"Falo con el todos os días, pero non do equipo ao que se vai ir. Falamos do partido que segue, e está moi centrado no equipo", asegurou o xogador que levou a braceira de capitán na Rosaleda. "É un pracer velo xogar e adestrarse, hai que aproveitarnos del mentres estea aquí", asegurou Martínez, que concluíu: "Oxalá o gardemos o máis posible". Os xornalistas seguiron interrogando o central, que recoñeceu que "se marcha un dos mellores xogadores do equipo, sería unha merda, pero nós non podemos facer nada máis que estar centrados no partido do Burgos". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade