Cargando resultados...
O Reus gaña na pista do Liceo e supérao na clasificación da OK Liga
O Reus gaña na pista do Liceo e supérao na clasificación da OK Liga
Os cataláns estiveron mellor no segundo tempo e gañaron por 2-5
G24.gal
04/01/2025 15:26
Volveu a OK Liga co partido que xogou en Riazor o Liceo diante do Reus. Era un enfrontamento entre o segundo e o terceiro clasificados da competición e que caeu do lado catalán.
Ao descanso chegouse con empate a dous. O Reus foi quen de poñerse con dous tantos de vantaxe, os dous marcados polo ex liceísta Maxi Oruste. O conxunto coruñés reaccionou ben e con goles de Dava Torres e Jacobo Copa conseguíu equilibrar o resultado.
Quedaba todo por decidir para unha segunda metade na que emerxeu a figura de Joan Salvat. Con dous goles case consecutivos desequilibrou o marcador a prol dun Reus que acabou sentenciando cun tanto de Martí Casas.