Cargando resultados...
"Que pase o seguinte"; o Pontevedra vai por todas nos oitavos de final
"Que pase o seguinte"; o Pontevedra vai por todas nos oitavos de final
Os granates son o equipo de moda nesta edición co seu fútbol atrevido co que eliminou a Levante, Vilarreal e Mallorca
G24.gal
05/01/2025 15:09
Pontevedra segue de festa tras a clasificación para os oitavos de final da Copa tras eliminar dous gañadores do torneo e a un campión europeo. Un dos artífices da fazaña é o seu adestrador Yago Iglesias, que acumula tres meses e catorce partidos oficiais sen perder.
Eliminado o Mallorca, as ilusións concéntranse agora no sorteo do vindeiro mércores, no que os galegos van ter como rival a un equipo de Primeira división. As preferencias son variadas. A Yago agradaríalle un derbi co Celta. Pero a opinión de Manu Vizoso resume o sentir do equipo: "Que pase o seguinte".