O Benfica, mellor equipo actualmente da Champions, visita a pista do Liceo
O Benfica, mellor equipo actualmente da Champions, visita a pista do Liceo
O equipo portugués é o único que conta os catro partidos xogados por vitorias
O partido verase por agalega.gal a partir das 20:30 horas
O Deportivo Liceo ten o exame máis esixente da fase de grupos da Champions de hóckey a patíns. Recibe no Pazo dos Deportes de Riazor o Benfica, o mellor equipo actualmente da competición europea. Os números do equipo benfiquista son impresionantes. Gañou por goleada os catro partidos disputados e ocupa o primeiro posto do Grupo B.
O Liceo, pola contra, suma cinco puntos despois de catro xornadas e ocupa a cuarta posición, que dá acceso aos cuartos de final, pero obriga a ter un adversario moi esixente nos cuartos de final.
Os de Juan Copa son conscientes de que teñen que facer o partido perfecto para neutralizar a calidade do Benfica. No seu cadro de xogadores están os exliceístas Pau Bargalló, Roberto Di Benedetto e Lucas Ordóñez e estrelas mundiais como Nil Roca e João Rodrigues, que regresou este ano a Portugal despois de liderar en goles o Barcelona nos últimos campionatos.