Exhibición do Burela na pista do líder Peñíscola (1-4)
Exhibición do Burela na pista do líder Peñíscola (1-4)
O Noia Portus Apostoli acadou o segundo empate consecutivo contra o Palma Futsal (1-4)
O Burela Pescados Rubén deu a gran sorpresa da xornada 14 na Liga Nacional de Fútbol Sala gañando na pista do Peñíscola (1-4). Cunha rotación moi curta -só nove xogadores- o Burela completou un encontro moi serio no aspecto defensivo e conseguiu marcar dous goles no treito final do primeiro tempo (Alberto e Rikelme).
Paniagua recurtou diferenzas para o equipo castellonenco pero nos últimos minutos Isma e Bernardo Araya completaron un resultado que saca o Peñíscola da primeira posición da LNFS.
O Noia Portus Apostoli rozou a primeira vitoria da temporada contra outro dos equipos importantes da competición, o Palma Futsal. Adiantouse o Palma cun gol de Piqueras pero reaccionou o Noia con tantos de Thierry, Power e Pirata co que ao descanso se chegaba con 3-1 a prol dos galegos. Na segunda parte meteu presión o Palma, que logrou o empate con goles de David Peña (27') e Fabinho (36').