Iván Ares volve con ilusións renovadas para pelexar polo Supercampionato de Rallys
Iván Ares volve con ilusións renovadas para pelexar polo Supercampionato de Rallys
Volve a Toyota despois de oito temporadas correndo cun Hyundai
Terá ao seu carón como copiloto a Borja Rozada
Iván Ares volve con ilusións renovadas ao Supercampionato de Rallys. Despois dun ano moi complicado en 2024 no que mesmo deixou a competición durante varias probas por non estar mentalmente preparado, para este 2025 atopou a motivación no cambio de coche. Cambia Hyundai, co que estivo as últimas oito temporadas, por Toyota. Tamén cambia de copiloto e contará ao seu carón con Borja Rozada que acaba de proclamarse campión do Supercampionato acompañando a Alejandro Cachón.
Ares estará entre os favoritos para facerse co título desta temporada. Cohete Suárez ou o ourensán Javier Pardo serán os seus dous grandes rivais logo da marcha de Cachón buscando retos de maior entidade. O piloto de Cambre tamén asegurou na presentación da súa nova montura que estará presente en varias probas do campionato galego.