Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os problemas no cóbado de Escudero fan que pase polo quirófano

Os problemas no cóbado de Escudero fan que pase polo quirófano

Xa tivo unha lesión en pretemporada e podería perder os vindeiros dous meses do campionato

G24.gal 31/01/2025 09:17

Os problemas no cóbado esquerdo do lateral Sergio Escudero fan que teña que pasar polo quirófano. Este venres será intervido para tentar solucionar as constantes lesións que está a padecer nos últimos anos da súa carreira, que lle impediron xogar boa parte deste campionato co Deportivo. 

De feito, unha lesión en pretemporada no partido contra o Chaves apartouno do traballo no comezo do campionato e non puido debutar ata a xornada 9. O último partido que xogou Escudero foi o 19 de decembro ante o Castellón. Desde hai máis dun mes non puido participar cos seus compañeiros e os médicos do club coruñés decidiron que a intervención era a mellor das solucións. 

En 2018 e 2020 Escudero xa tivo que parar por problemas semellantes e na súa etapa no Sevilla tamén foi intervido na mesma zona. As luxacións no cóbado esquerdo son constantes e agardan arranxar deste xeito o problema. Escudero non volvería aos campos ata o mes de abril co que a dirección deportiva terá que valorar se realiza unha fichaxe a tres días de rematar o mercado de inverno. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar