Xornada redonda na LNFS cun Noia que sae dos postos de descenso
O Burela gañou en Vista Alegre ao Córdoba cunha remonta nos últimos cinco minutos (3-2)
O Noia volveu gañar na pista dun rival directo como Ribera Navarra e leva cinco xornadas sen perder
O Noia Portus Apóstoli saíu por primeira vez na temporada dos postos de descenso despois de gañar na pista do Ribera Navarra por 0-3. Rubi Lemos e Pirata marcaron xusto ao comezo do primeiro e do segundo tempo poñendo unha marxe importante.
O conxunto do Barbanza realizou un gran traballo defensivo mantendo a súa porta a cero e acabou sentenciando cun gol de Power. Esta vitoria, permítelle encadear cinco xornadas sen perder e deixa en descenso ao seu rival do sábado e a Zaragoza demostrando a clara liña ascendente.
O Burela gañoulle ao Córdoba e continúa dando pasos de xigante para a permanencia. Adiantouse cun gol de Rikelme no minuto 13 pero os visitantes remontaron antes do descanso cun dobrete de Titi. Nos últimos cinco minutos chegou a reacción burelá. Pitero empataba e aí non quedou a ambición dos de David Rial que marcaron o gol da vitoria no 39 co segundo na conta de Rikelme.