O Noia Portus Apostoli continúa aferrándose á permanencia (5-1)
Gañou un partido vital diante do Osasuna Magna e mantén as opcións de saír dun dos dous postos de descenso
O Noia Portus Apostoli gañou diante do Osasuna Magna (5-1) e continúa aferrándose á permanencia na Liga Nacional de Fútbol Sala. Segue no posto de descenso pero cos mesmos puntos que o Ribera Navarra, que marca a salvación.
O partido diante do Osasuna era fundamental para continuar coas opcións de salvación. Non puido comezar peor porque o equipo visitante adiantouse aos dous minutos cun gol de Ion Cerviño. Pero o equipo de David Palmas mantivo a calma e conseguiu remontar no primeiro tempo cos tantos de David Pazos e Power.
Nada máis volver do vestiario Adrián Pirata marcou o terceiro, que deu unha vantaxe moi tranquilizadora. Así se entrou nos últimos minutos nos que o Osasuna tomou moitos riscos e Noia aproveitou para marcar dous goles máis. Altamirano e Rubi Lemos completaron o marcador diante do delirio do Agustín Mourís. A bo momento do Noia nos últimos partidos fai que o público volva crer na permanencia.