Publicador de contidos

Publicador de contidos

A selección feminina recibirá a Portugal en Balaídos o 8 de abril

A selección feminina recibirá a Portugal en Balaídos o 8 de abril

Será a primeira vez que o equipo nacional feminino xogue no estadio vigués

G24.gal 27/02/2025 16:27 Última actualización 27/02/2025 16:32

A selección feminina recibirá á de Portugal o próximo 8 de abril no estadio Balaídos en partido da cuarta xornada da liga de Nacións, informou a Real Federación Española de Fútbol (RFEF).

Será a primeira vez que o equipo nacional feminino xogue no estadio vigués e vaino facer no derbi ibérico ante o cadro luso, ao que visitará catro días antes no estadio Capital do Movel de Paços de Ferreira.

Portugal lidera xunto a Inglaterra o grupo A3 da liga de Nacións. Ambas suman catro puntos, un máis que España, que na estrea na presente edición remontou ante Bélxica en Valencia (3-2) e caeu este mércores en Wembley ante o conxunto inglés (1-0).

Os encontros ante o equipo luso cobran unha especial relevancia para as dúas seleccións e principalmente para España no seu intento de defender a coroa da liga de Nacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar