Os penaltis danlle as semifinais a España
Os penaltis danlle as semifinais a España
Irene Paredes puxo o empate (2-2) cando quedaban catro minutos para o final do engadido
Na quenda de penaltis, as españolas non fallaron e Aitana marcou o derradeiro
España gaña na quenda de penaltis despois de empatar (2-2) contra Colombia. Despois dun partido gris, a efectividade española dende os once metros ditou a sentenza. Un pase a semifinais máis sufrido do que esperaban, pero a selección conseguiuno.
A primeira parte foi para Colombia. Dominou a posesión España, pero un gol de Ramírez no minuto 12 obrigaba a remontar. O apuro sería maior tralo descanso. Centro de Linda Caicedo e gol de Leicy Santos para poñer o cero a dous. Pero os cambios fixeron efecto e a selección remontou. Primeiro foi Jenni Hermoso a que recortou distancias, e despois a capitá, Irene Paredes, empataba no 90+7.
Na prórroga, España fixo máis. Ocasións, posesión e moita intención das españolas, que querían evitar os penaltis e facer realidade a remontada. Tere Abelleira foi o temón dun equipo obcecado no ataque. Decidiron os penaltis. Dous fallos dos colombianos e ningún das españolas. Aitana marcou o derradeiro e puxo a España a un paso das medallas.