España pasa á fase final ao gañar contra Brasil (0-2)
España pasa á fase final ao gañar contra Brasil (0-2)
Athenea e Alexia foron as goleadoras dun encontro en que a selección dominou o balón
Tere Abelleira saíu de titular e xogou o partido enteiro
A selección española asegura o pase a seguinte rolda como primeira de grupo. O combinado nacional gañou contra o Brasil (0-2) con goles de Athenea del Castillo e Alexia Putellas. A galega Tere Abelleira foi titular e xogou todo o partido.
A primeira parte tivo pouca historia. España dominou a posesión pero non creou moito perigo. As mellores ocasións chegaron dende o saque de curruncho. Tere Abelleira puxo varios centros ao punto de penalti que puxeron en apertos á defensa brasileira. No engadido, Marta pegoulle co pé na cabeza a Olga Carmona e veu o cartón vermello. A capitá da caraniña abandonou o verde entre lágrimas.
Xa na segunda metade, A selección española deu un paso adiante e chegaron as ocasións. O primeiro gol foi no 68. Un centro que tocou a porteira caeulle a Athenea, que só tivo que empuxar o balón cara a dentro. Pasaban os minutos e Brasil non reaccionaba. No engadido, cando o árbitro estaba a piques de pitar o final, Alexia Putellas sentenciou cun gran gol que desatou a alegría no cadro de Montse Tomé.
Con esta vitoria, España pasa de grupos con pleno de puntos e plantase na fase final. Un paso máis cara a medalla de ouro, que é o obxectivo das actuais campionas do mundo. Tere Abelleira sumou minutos e demostrou a súa calidade no centro do campo, nun bo partido a nivel persoal.