Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno avanza no proxecto de conexión directa entre A Coruña e Ferrol por tren

O Goberno avanza no proxecto de conexión directa entre A Coruña e Ferrol por tren

O Ministerio de Transportes somete a información pública o estudo informativo do ramal coñecido como o bypass de Betanzos

G24.gal 12/11/2024 20:51

O Ministerio de Transportes somete a información pública e audiencia das administracións o estudo informativo para o establecemento dun ramal para conectar directamente por tren A Coruña e Ferrol.

Segundo detallou Transportes este martes nun comunicado, o ramal de conexión, coñecido como o bypass de Betanzos, sitúase entre as liñas de ancho ibérico León-A Coruña e Betanzos Infesta-Ferrol, para mellorar os tempos de percorrido entre A Coruña e Ferrol.

O estudo xa se aprobou provisionalmente e o prazo para presentar as observacións empezará a partir da publicación no Boletín Oficial do Estado, prevista para os próximos días.

O deseño resultante, tras analizar os principais condicionantes da contorna, é un ramal de conexión de aproximadamente 1,6 quilómetros e conta cun orzamento base de licitación de 28,97 millóns de euros.

Conexión das dúas liñas que atravesan Redondela

O Ministerio de Transportes tamén somete a información pública e audiencia das administracións o estudo informativo para conectar directamente as dúas liñas de tren convencional que atravesan Redondela.

O obxectivo desa obra, segundo explica Transportes, é eliminar a necesidade de que os trens teñan que acceder á estación para proseguir co seu itinerario. O orzamento base de licitación ascende a 16,6 millóns de euros.

O estudo xa se aprobou provisionalmente e o prazo para presentar as observacións comezará cando se publique no Boletín Oficial do Estado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade