Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres dos acusados polo crime de Samuel darán este mércores a súa versión dos feitos

Tres dos acusados polo crime de Samuel darán este mércores a súa versión dos feitos

As últimas probas periciais achegan o xuízo á súa fase final

G24.gal 11/11/2024 13:53

O xuízo polo crime de Samuel Luiz chega á súa fase final das probas periciais. Nesta sesión, os nove membros do xurado popular puideron escoitar, brevemente, as explicacións de varios policías nacionais que se encargaron de realizar unha mellora do vídeo no que se ve a agresión e dos que realizaron o envorco dos teléfonos dos procesados.

Porén, agora toda a atención está posta nas versións que darán, este mércores, os tres acusados que faltan por declarar.

"El nunca negou a súa participación. Tratará de explicar a súa actuación e asumirá as súas consecuencias", di Luis Manuel Salgado, o avogado do acusado principal.

"É un dos que ten máis cousas que explicar e máis carga incriminatoria", expón David Freire, o avogado do mozo ao que acusan de lle realizar á vítima a técnica do mataleón.

"Está preocupado por poder explicarse ben", comenta José Ramén Sierra, o avogado do procesado ao que acusan tamén de lle roubar o móbil a Samuel Luiz.

Antes deles, mañá, está previsto que declare a última testemuña que estivo presente no momento da agresión.

E tras quince xornadas de xuízo, as defensas fan balance e explican que apenas houbo sorpresas, que foi todo baixo o guión agardado.

O xoves, as tres acusacións presentarán os seus informes finais. O venres será a quenda das cinco defendas. E xa o luns, tras entregarlles o obxecto do veredicto aos membros do xurado popular, retiraranse a deliberar ata obter o un resultado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade