Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP reclama a chegada da alta velocidade ás cidades de Lugo e Ferrol

O PP reclama a chegada da alta velocidade ás cidades de Lugo e Ferrol

Presentará no Congreso unha iniciativa para esixir a modernización da liña ferroviaria Ferrol-A Coruña

G24.gal 09/11/2024 14:29

O PP levará ás Cortes unha iniciativa que recolle o acordo por unanimidade do Parlamento galego para reclamar a chegada da alta velocidade a Lugo e a Ferrol.

Os presidentes provinciais da Coruña e Lugo, Diego Calvo e Elena Candia; o alcalde de Ferrol, Xosé Manuel Rey Varela, e o voceiro popular no Congreso, Miguel Tellado, compareceron no exterior da estación de trens ferrolá.

Reiteraron que é imprescindible modernizar a liña Ferrol-A Coruña para ter tempos de viaxe competitivos e  denunciaron a ausencia de investimentos en materia ferroviaria en Galicia. Pídenlle ao Goberno que resolva o déficit histórico de insfraestruturas da nosa comunidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade