A rede interior de ferrocarril do porto de Punta Lagosteira estará rematada en dous anos
A rede interior de ferrocarril do porto de Punta Lagosteira estará rematada en dous anos
O acceso ferroviario exterior tamén estará listo no 2026
O presidente da Xunta pide que o Goberno Central impulse tamén o Corredor Atlántico de Mercadorías
Os trens estarán circulando polo peirao de Punta Lagosteira no 2026. Dende a Autoridade Portuaria destacan a mellora da competitividade que vai traer o ferrocarril.
O presidente da Xunta asegura que esta mellora no transporte beneficiará a toda Galicia, pero pide que a aposta do Goberno central polas infraestruturas se estenda tamén a outras conexións, entre elas o Corredor Atlántico de Mercadorías: "Xuntar a intermodalidade do transporte marítimo co ferrocarril é un acerto", dixo Alfonso Rueda.
"Aquí no noroeste tamén necesitamos ese Corredor Atlántico de mercadorías, que é o que daría sentido a todo o que se está facendo aquí ferroviariamente", matizou Rueda.
Entre a conexión interior e exterior de ferrocarril, Galicia vai recibir 150 millóns de euros dos fondos Next Generation.