Amaya González Reyes: "Quixen amosar a 'maraña' a partir de algo moi limpo, como é o debuxo técnico"
Amaya González Reyes: "Quixen amosar a 'maraña' a partir de algo moi limpo, como é o debuxo técnico"
A artista explora a relación entre a técnica e a imperfección e reflexiona sobre a clasificación e fraxilidade dos conceptos
'Técnica(mente) im(perfecta), ata o 4 de maio na Galería Trinta, Santiago de Compostela
Ás veces, as ideas, como as liñas, crúzanse, danse os encontros e só queda asumilos. Así se presenta a exposiciçón 'Técnica(mente) im(perfecta)', da artista Amaya Gónzalez Reyes.
Podedes visitar xa esta mostra na Galería Trinta e ademais saber algo máis das intencións da artista, que nos visita hoxe aquí no estudio.
A técnica, a imperfección ou o afán perfeccionista, liñas, a orde e o caos, o pensamento e súa fraxilidade é o leit motiv dos traballos de Amaya Gónzález Reyes.