O Resurrection Fest presenta o cartel do seu 20 aniversario con máis de 80 artistas confirmados
O Resurrection Fest presenta o cartel do seu 20 aniversario con máis de 80 artistas confirmados
Heredeiros da Cruz será un dos grupos presentes nesta edición
O festival terá lugar entre 25 e 28 de xuño, contando cun total de catro escenarios
O Resurrection Fest Estrella Galicia anuncia 80 novos artistas que perfilan o cartel da súa vixésima edición. Terá lugar entre o 25 e o 28 de xuño no municipio lucense de Viveiro. O festival presenta a Slipknot, KoRn, Judas Priest e Till Lindeman como os pratos fortes desta edición.
Fallin In Reverse, Jinjer, Eagles Of Death Metal, Skindred, Angelus Apátrida ou Seven Hours Before Violet son algúns dos artistas destacados das 80 novas confirmacións. Será "a edición máis grande" das máis de vinte que leva ao lombo este festival referente en todo o continente.
O evento ten miles de abonos xa vendidos, moitos xa foron comprados antes de revelar os primeiros artistas. O festival vén de debullar as bandas que pasarán polos catro escenarios durante os catro días nos que Viveiro será capital do metal, o punk, rock e hardcore.
Os americanos Falling In Reverse voltan ao festival para dar o que será o seu único concerto en España en 2025. Farano no mesmo escenario que os ucranianos Jinjer ou os mediáticos Eagles Of Death Metal.
Os galeses Skindred, unha das bandas "máis queridas" polos fans do Resurrection, tamén regresan, así como Seven Hours After Violet, a banda do baixista de System Of A Down Shavo Odadjian; ou os españois Angelus Apátrida, a banda que máisveces actuou no festival viveirense.
Os xaponeses Crossfaith, os australiáns Norhtlane ou Municipal Waste tamén repiten no 20 aniversario do festival. Pola súa parte, a soprano finlandesa Tarja ou os suizos Zeal & Ardor pisarán por vez primeira o Resurrection. Os galegos Heredeiros da Cruz tampouco faltarán a esta cita.
Os escenarios do Resurrection
Polo Chaos Stage, escenario consagrado aos sons punk e hardcore aos que se dedicou o festival na súa primeira edición de 2006, pasarán Walls Of Jericho, Ignite, H20, House Of Protection, Evergreen Terrace, Guilt Trip, Desolated, Siamese, Defects, Anal Hard, Sound Of Silence ou Crossed.
Pola súa parte, o cuarto escenario céntrase en sons "máis desérticos". Contará con representes deste estilo, como Russian Circles, Pentagram, Harakiri For the Sky, And So I Watch You From Afar, Derby Motoreta's Burrito Cachimba, Valien Thorr ou El Altar del Holocausto.
Completan o cartel Signs Of The Swarm, Death Angel, Kanonenfieber, Skynd, Lost Society, Unprocessed, Gutalax, Mental Cruelty, Vowws, Tetrach, Broken By The Scream, Gigatrón, Party Canon, Aphonnic, Stesy, Stain The Canvas, Killus, The Broken Horizon, Deimocrazy, PI.L.T., Holy Wars, Split Chain, Terminal Sleep, Blackgold, Spy, Silicon Flesh, Ezpalak, Archivo Adxunto, Not Yet, Motorjesus, Eihwar, The Southern River Band, Slomosa, Slow Crush, Love Letter, Prom Kinks, Against The Waves, Messa, Dirty Sound Magnet, Moonshine Wagon, Moura, Maragda, The Riff Truckers e Saturna.