Cargando resultados...
Encontro de corais en Rábade
Encontro de corais en Rábade
Os coros axudan á socialización e a mellorar o humor e a saúde
G24.gal
01/12/2024 21:08
Este domingo celebrouse un encontro de corais en Rábade no que participaron, como anfitrión, o Coro Músico Crisanto e, como convidada, a Coral Polifónica de Palas de Rei.
As súas directoras, Esperanza Iglesias e Dolores Carrera, respectivamente, salientan os beneficios de participar neste tipo de agrupacións, unha actividade positiva para a socialización e tamén para a saúde física e psíquica.