Publicador de contidos
Publicador de contidos

Acaba de abrir as súas portas en Quiroga un museo dedicado á música de raíz

Acaba de abrir as súas portas en Quiroga un museo dedicado á música de raíz

Está promovido pola Fundación Legar e permite experimentar cos instrumentos

G24.gal 24/11/2024 20:24 Última actualización 24/11/2024 21:17

Un museo para escoitar, tocar e experimentar en torno á música galega acaba de abrir as súas portar na Seara, no concello lugués de Quiroga. 

Un lugar, ademais, que invita a participar e a coñecer a historia de cada instrumento. Está promovido pola Fundación Legar, impulsora do primeiro museo centrado na música de raíz, coa axuda do gaiteiro e artesán Xavier Blanco.

O obxectivo deste museo é o de difundir e promover a preservación, conservación, mellora, protección, vixilancia e desenvolvemento da música de raíz.

Xavier Blanco leva máis de 30 anos percorrendo diferentes vilas e parroquias de Galicia para gravar e cataloar todo tipo de documentos sobre a cultura tradicional. Na actualidade conta cun amplo e variado arquivo sonoro, partituras e fotografías recollidas dos maiores dos lugares, músicos e mestres; documentos que en moitos casos se foron transmitindo de xeración en xeración.

O lugar da Seara, en Quiroga, foi elexido pola recuperación exemplar que se fixo da aldea desde o punto de vista arquitectónico, respectando as características da arquitectura de montaña da aldea, e tamén pola fermosa contorna paisaxística do Caurel.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade