Malleira do Leyma Coruña na pista do Xirona, rival directo (81-98)
Malleira do Leyma Coruña na pista do Xirona, rival directo (81-98)
Os de San Epifanio racharon o partido no segundo cuarto, cando anotaron 34 puntos
É a cuarta vitoria dos herculinos na Liga ACB
O Leyma Coruña acadou un triunfo importantísimo na súa loita por fuxir do descenso, que lle permite sair momentaneamente dos postos quentes da táboa. Os coruñeses xogaron un partido moi serio no que, ademais, o equipo local estivo moi mal no tiro de 3, cunha paupérrima porcentaxe de acerto do 17% (5/29).
A chave da cómoda vitoria estivo no segundo cuarto, cando o Leyma asinou un 9-34, cun parcial dentro do cuarto de 2-25 que resultou demoledor para os locais.
Na segunda metade os de Epi limitáronse a administrar a renda, que os cataláns reduciron en 8 puntos no 3º período (23-15) e en 7 no último (33-26), para deixar o resultado final en 81-98, que deixa o average particular encarreirado diante dun equipo que leva so dúas vitorias esta temporada.
No apartado persoal destacou Taylor, con 23 puntos e 31 de valoración. Achegaron tamén por riba dos dez Lundqvist (16), Diagne (13), Huskic (12) e Thompkins (11).