O Leyma visita ao cabeiro, e o Breogán ao Real Madrid
O Leyma visita ao cabeiro, e o Breogán ao Real Madrid
Co espírito do éxito de hai dúas semanas en Lleida, o Leyma Coruña afronta outro reto de caractarísticas e esixencia semellantes. Visita a pista do Xirona, cabeiro cunha vitoria menos cos herculinos. Partido de especial transcendencia diante dun rival con máis talento aparente do que indica a clasificación.
Traballo extra, polo tanto, para os cincos do Leyma, Diagne e Huskic, logo da baixa confirmada de Augusto Lima durante o próximo mes. Tamén traballo o que terra o Río Breogán para prolongar o efecto Casimiro nun escenario moi complicado, a pista do Real Madrid. As dúbidas do equipo de Chus Mateo, sobre todo na Euroliga, permiten aumentar as opcións lucenses.
O colíder Unicaja foi a última vítima dun madrid que aínda non perdeu, en liga, no Wizink. Un escenario ideal para que o Breogán se faga notar cos seus renovados folgos.