Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Leyma Coruña cae diante do Manresa no Coliseum (74-89)

O Leyma Coruña cae diante do Manresa no Coliseum (74-89)

O equipo coruñés non puido darlle continuidade á vitoria de Lleida e segue con tres triunfos

Foto: ACB.com
G24.gal 07/12/2024 23:06

O Leyma Coruña non atopa a regularidade que lle permita fuxir da zona baixa na súa estrea na ACB. Despois da gran vitoria da xornada anterior en Lleida, terceira da Liga, os de Epi volveron deixar fuxir un encontro na súa pista malia a comezar fortes diante do Manresa, cun parcial de 8-0. O equipo catalán reaccionou cun 0-9 para coller vantaxe nun primeiro cuarto que acabou 17-23.

O segundo período foi o que comezou a decantar o choque, con vantaxes visitantes que se estableceron arredor dos dez puntos, e mesmo chegaron aos 20 antes do descanso (26-46). Ao tempo de lecer o encontro marchou co 35-48, con Taylor comandando a anotación galega con 10 puntos. Pérez achegou 9 so neste 2º cuarto de dominio catalán.

No terceiro parcial, o marcador estivo igualado, manténdose a vantaxe do Manresa neses mesmos 13 puntos logo do 18-18.

A misión era complicada de cara ao cuarto e derradeiro período. O intento de remonta coruñesa executouno Taylor, que achegou dez puntos dos 21 do seu equipo, para rematar cun total de 20. Pero o Manresa mantivo o ritmo anotador, anotando 23, con tres xogadores por riba dos dez puntos.: Saint-Supery (17), Alston (16) e Hunt (13). Ao final, 74-89 no Coliseum.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar