Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jorge Prado: "O soño de repetir o Mundial está máis preto ca nunca"

Jorge Prado: "O soño de repetir o Mundial está máis preto ca nunca"

O piloto lugués protagonizou unha remonta para a historia na China que lle permite chegar á derradeira proba do Mundial con sete puntos de vantaxe

G24.gal 16/09/2024 21:07

Tiña Jorge Prado unha respiración fatigosa ao rematar a carreira. Quince minutos despois, xa no podio, seguía bufando. E durante o himno español non daba estado rexo e tiña que baixar o corpo para alentar sen tanta dificultade. Só falta un Gran Premio, e será dentro de dúas semanas en España. A Jorge Prado válelle con quedar un posto por detrás de Gajser para volver ser campión do mundo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar