Golpe de autoridade de Gajser que complica o Mundial para Jorge Prado
Golpe de autoridade de Gajser que complica o Mundial para Jorge Prado
O piloto galego rematou de terceiro nas dúas carreiras e perdeu dez puntos con respecto ao seu gran rival por acadar o título
Dous primeiros postos de Tim Gajser no Grande Premio de Suiza complican as aspiracións de Jorge Prado para repetir o título no Mundial de motocrós. Sae da fin de semana con 18 puntos perdidos e con só tres probas por diante.
O esloveno púxose en cabeza na primeira volta da manga inicial adiantando a Renaux e Prado e xa non soltaría ese posto de privilexio. Nun percorrido moi enlamado o piloto de Lugo baixou ata a quinta posición e tivo que reaccionar no treito final para evitar que Gajser se disparase á fronte do MXGP. Conseguiu adiantar a Seewer e a Renaux e rematou na terceira praza xusto por detrás de Herlings.
A segunda carreira tivo o protagonismo de Renaux e Prado de inicio. Gajser saiu mal pero conseguiu reaccionar e poñerse a roda dos líderes antes de chegar á metade da carreira. Unha vez que colleu o liderado xa non o soltou demostrando o ben que se lle deu o circuíto. Prado defendeu a segunda posición diante de Renaux e Febvre pero nada puido facer cando apareceu Jeffrey Herlings que lle roubou tres puntos ao piloto de Lugo. Meritorio noveno posto de Rubén Fernández no seu regreso aos circuítos despois dunha grave lesión que o tivo fóra do MXGP desde o comezo da temporada.