Publicador de contidos
Publicador de contidos

Moi Delgado: "Este non é un equipo que estea morto"

Moi Delgado: "Este non é un equipo que estea morto"

O Rácing busca ante o Albacete a primeira vitoria da temporada

G24.gal 18/09/2024 16:25 Última actualización 18/09/2024 16:32

O Rácing prepara o seu seguinte partido na Malata, o Albacete visita Ferrol 

"Esperemos que cambie xa a dinámica desta mala serie de encontros, as lesións e que chegue xa a alegría que vai chegar cunha boa vitoria e, por que non aquí en casa?", valora o lateral.

Paradoxos da vida, Moi Delgado xa tivo a pasada campaña, tras unha escordadura de Brais na undécima xornada, a súa oportunidade para chamar á porta da titularidade e converterse na opción predilecta do míster para o flanco esquerdo.

O Rácing quere darlle a primeira vitoria aos seus afeccionados.

"Esperamos darlle unha alegría. A afección está ansiosa por gañar e nós tamén estamos ansiosos".

"Temos que sacar a carraxe que temos dentro".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade