Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jorge Prado recupera o liderado a unha proba do final do Mundial de motocrós

Jorge Prado recupera o liderado a unha proba do final do Mundial de motocrós

O pilogo lugués gañou na China e aproveitou a caída de Gajser na primeira carreira

Prado defenderá sete puntos de vantaxe en Cidade Real para tentar gañar o segundo MXGP consecutivo

G24.gal 15/09/2024 07:27

Jorge Prado recuperou a chapa vermella do Mundial de motocrós na penúltima proba do campionato disputada en China. Prado, que comezaba o Grande Premio 14 puntos por debaixo de Gajser, acadou a vitoria global e sacoulle 21 puntos ao seu gran rival co que afrontará a última proba do campionato en Cidade Real con 7 de marxe. 

A primeira carreira resultou determinante. Gajser non saíu ben e foi ao chan na segunda curvo. Iso levouno ata a derradeira posición e a ter problemas mecánicos na súa moto. Prado loitou co vigués Rubén Fernández e Romain Febvre pola primeira posición para acabar no segundo posto. O francés foi o primeiro, con Prado na segunda praza e Fernández no cuarto posto. Iso permitíalle a Jorge recuperar 18 puntos con Gajser e situarse como líder. 

A segunda carreira resultou moito máis limpa. Prado marcou o mellor tempo desde a primeira curva con Gajser á súa roda. A pelexa foi pola terceira praza con Febvre ocupando esa posición, insuficiente para levar o Grande Premio de China. Rubén Fernández tamén se meteu nesa lea pero acabou pagando o desgaste físico e rematou na sétima posición, o que lle impediu ter un lugar no podio final na comparativa de tempos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar