Publicador de contidos
Publicador de contidos

Breogán-COB e Leyma-Obradoiro, semifinais da Copa Galicia de baloncesto

Breogán-COB e Leyma-Obradoiro, semifinais da Copa Galicia de baloncesto

As semifinais e a final terán lugar o 20 e 22 de setembro no Pazo dos Deportes de Lugo

G24.gal 29/08/2024 12:41 Última actualización 29/08/2024 12:47

Esta mañá fíxose o sorteo das semifinais da Copa Galicia de baloncesto. O Breogán xogará ante o Club Ourense Baloncesto e o Leyma ante o Obradoiro. Estas semifinais e a final terán lugar o 20 e 22 de setembro no Pazo dos Deportes de Lugo

O Obradoiro e o Ourense varian as súas datas de pretemporada porque antes de celebrarse a final a catro da Copa Galicia ambos os equipos terán varios encontros oficiais na Copa de España, novo campionato con catro encontros ao longo de cinco xornadas na fase inicial. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade