Derrota pola mínima do Leyma Coruña (80-77)
Derrota pola mínima do Leyma Coruña (80-77)
Os coruñeses caen nun partido clave na loita pola permanencia
Son xa 6 derrotas nas 8 primeiras xornadas para os galegos
O Leyma Coruña cae derrotado pola mínima (80-77) ante o Covirán Granada nun partido clave na loita pola permanencia e suman con esta 6 derrotas nos 8 primeiros partidos. Tras unha apretada primeira metade, os coruñeses foron ao descanso cun apertado 41-43 no que Yunio Barrueta sería clave, con 18 puntos no duelo de hoxe.
A segunda parte continuaría cun Leyma que tomaba vantaxe no partido chegando a situarse nun cómodo +9 no terceiro cuarto. Non obstante, os nazarís reducirían dita vantaxe cerrando o cuarto cun 56-60. No derradeiro período o Leyma conseguiu un parcial de 0-7, mais este non sería suficiente para frear a uns pletóricos Amine Noua e Jacob Wiley que con 18 e 12 puntos foron claves na recta final do encontro achegando a primeira vitoria como locais dos de Granada.