Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Leyma Coruña derrubouse no segundo tempo dun xeito estrepitoso

O Leyma Coruña derrubouse no segundo tempo dun xeito estrepitoso

Dominaba por 35-32 ao descanso e no segundo tempo encaixou un parcial de 27-55

G24.gal 10/11/2024 19:03

Que diferenza entre o primeiro e o segundo tempo no partido do Coliseum. O Leyma Coruña mandaba na primeira metade. Comezou mal (2-7) pero reaccionou, púxose por diante ao final do primeiro cuarto (15-14) e chegou a manexar sete de vantaxe no segundo cuarto (28-21). Cunha gran canastra de Diagne chegábase ao descanso co 35-32. 

Pero La Laguna Tenerife cambiou o partido dun xeito radical no segundo tempo. Defendeu moito mellor e en ataque moveu a bola dun xeito que o Leyma non conseguiu respostar. A dirección de Marcelinho foi maxistral (19 puntos e 4 asistencias) e xunto con Fitipaldo (21 puntos) machacaron desde o exterior. 

No terceiro cuarto lograron un parcial de 8-21 para poñerse por diante no marcador (43-53) e no último cuarto conseguiron rachar o partido, primeiro índose por riba dos quince puntos e logo superando a barreira dos vinte cando o Leyma Coruña baixou os brazos. O resultado final (62-87) fala da estrepitosa derrota coruñesa e o parcial do segundo tempo (27-55) fala ás claras da superioridade canaria nese parcial. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos