Publicador de contidos
Publicador de contidos

Diego Epifanio carga contra as "xanelas FIBA"

Diego Epifanio carga contra as "xanelas FIBA"

"É o peor que puidemos copiar do fútbol", asegurou o técnico do Leyma Coruña

Despois do partido de Granada perderá a Burjanadze, Lundqvist e Figueroa

G24.gal 15/11/2024 11:28

O Leyma Coruña xoga en Granada (sábado, 18:00 horas) un partido fundamental contra un rival directo pola permanencia. O equipo granadino é o pechacancelas da clasificación cunha soa vitoria en sete xornadas e o Leyma vai no seguinte grupo de equipos con dous triunfos. "O que gañe terá osíxeno para os seus proxectos. Non vai ser determinante pero sí moi importante" asegurou o adestrador coruñés Diego Epifanio. 

Epi aproveitou a previa do partido para cargar contra as xanelas FIBA. Despois do encontro de Granada perderá tres xogadores para os seguintes dez días. Burjanadze irá con Xeorxia, Lundqvist con Suecia e Figueroa coa República Dominicana.

"É o peor que copiamos do fútbol", asegurou o adestrador. "Imos estar semana e media sen tres xogadores. Os clubs e a as federacións teñen que falalo. Non hai ningunha comunicación entre as dúas partes" dixo un Epifanio moi amolado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade