Leyma Coruña e Río Breogán intercambian rivais para a xornada do domingo
Leyma Coruña e Río Breogán intercambian rivais para a xornada do domingo
Os coruñeses reciben no Coliseo o Tenerife, que acaba de gañar en Lugo
O Breogán xoga no Pazo contra o poderoso Barcelona
Leyma e Breogán intercambian rivais. O Barça visitará Lugo logo de ser superior aos coruñeses tras o descanso e despois de mallar ao Baskonia na Euroliga. Vesely e Punter lideraron a un equipo, o de Peñarroya, que gañou por 23 puntos de diferenza. Non lle deu opción ao Bakonia e Pablo Laso. O Barça lidera a competición europea pero na ACB apañou xa dúas derrotas. Rival moi duro no Pazo e máis despois da desafortunada derrota co Tenerife. O último tiro errado po Hilliard fixo dano pero o Breogán recuperou sensacións e unidade tras a desfeita de Zaragoza.
O Tenerife, despois de saltar con moitos apuros Lugo, segue viaxe por Galicia para vistar o Coliseum, o lugar donde o Leyma Coruña se fai forte. Proba esixente de novo para o equipo de Diego Epifanio. Quedan atrás xa Madrid, Unicaja e Barcelona, pero o técnico é claro sobre se o calendario é máis benigno. O Tenerife, despois de saltar con moitos apuros Lugo, segue viaxe por Galicia para vistar o Coliseum, o lugar donde o Leyma Coruña se fai forte. Proba esixente de novo para o equipo de Diego Epifanio. Quedan atrás xa Madrid, Unicaja e Barcelona pero o técnico é claro sobre se o calendario é máis benigno. Que non falte o símil ciclístico.