Publicador de contidos
Publicador de contidos

Epi cre que "cre que a filosofía de Tenerife téñena que copiar moitos clubs"

Epi cre que "cre que a filosofía de Tenerife téñena que copiar moitos clubs"

O técnico non ten baixas para xogar ante os tinerfeños

G24.gal 08/11/2024 13:38 Última actualización 08/11/2024 13:46

Diego Epifanio compareceu este venres na conferencia de prensa previa ao partido deste domingo ante o Tenerife, ao que puxo de exemplo de bo facer na categoría.

"Creo que a filosofía de Tenerife téñena que copiar moitos clubs. Todo o mundo adáptase á filosofía do adestrador. Debémonos fixar en todo o que fan ben", indicou.

Antes de proceder coa súa comparecencia, o técnico burgalés pediu desculpas ao club insular pola imposibilidade de ofrecerlles unha pista para adestrar nestes días na Coruña. De feito, a escuadra laranxa non está a poder adestrar no Coliseum polo concerto que ofrece Manolo García este sábado nesa mesma infraestrutura.

A este respecto, Epi mencionou que, a pesar das dificultades, os xogadores están a facer ben as cousas. 

"A actitude dos xogadores está a ser moi boa. Adestramos na Polideportiva con moito nivel a pesar dos condicionantes. Contamos con todos os xogadores para o partido".

Ironizou o técnico do Leyma Coruña coa presumible baixada de nivel en termos de calendario, facendo fincapé na dureza da competición.

"Nesta liga temos o Tourmalet, o Galibier e todos os portos posibles. Visítanos Tenerife, que xogou finais de BCL e está moi ben adestrado. Veñen dunha semana rara, pero están moi ben pensados e saben a que xoga", sinalou. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos