Ana Peleteiro e Iván Pedroso separan os seus camiños
Ana Peleteiro e Iván Pedroso separan os seus camiños
Peleteiro: "Pecho unha etapa e gustaríame facer unha homenaxe á persoa que máis me acompañou neste camiño"
Apenas un mes despois de finalizar os Xogos de París 2024, a atleta Ana Peleteiro (Ribeira, 1995) anunciou onte que o excampión olímpico cubano deixa de ser o seu adestrador.
Interrompe así un vínculo extraordinariamente exitoso, forxado no 2016, co estadio Fonte da Nena de Guadalaxara como cuartel xeral, onde Pedroso dirixe a un selecto grupo de saltadores. A deportista galega, que anunciou a ruptura en Instagram, unha rede social na que conta con 536.000 seguidores —un medidor da súa popularidade e o seu carisma nunha especialidade normalmente afastada dos focos como o triplo salto—, indicou implicitamente que a decisión da separación foi súa.
"Pecho unha etapa e gustaríame facer unha homenaxe á persoa que máis me acompañou neste camiño".
"Grazas por entenderme sempre. E, sobre todo, grazas por apoiarme nesta decisión".
Peleteiro colgou durante a súa etapa con Pedroso como adestrador sete medallas entre Xogos Olímpicos, Europeos e Mundiais, tanto ao aire libre como en pista cuberta. Peleteiro xa sopesara esta ruptura meses antes dos Xogos de Tokyo.