Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ana Peleteiro xa está en Ribeira e inaugura a reforma do complexo onde vai adestrarse

Ana Peleteiro xa está en Ribeira e inaugura a reforma do complexo onde vai adestrarse

Peleteiro: "Queremos crear un centro como o de Iván Pedroso. É un soño na procura de resultados"

G24.gal 26/09/2024 14:00 Última actualización 26/09/2024 14:05

Temos a Ana Peleteiro reiniciando a vida en Ribeira e cunhas instalacións de recente construción onde preparará os próximos obxectivos. O complexo deportivo A Fieiteira dispón dun módulo de atletismo e outro de taekondo.

Ana Peleteiro e Aleix Vidal, xunto a moitos atletas e taekondistas locais, participaron na inaguración desta reforma pagada pola Xunta e polo Concello.

Ana Peleteiro celebra a apertura do módulo.

"Queremos crear un centro como o de Iván Pedroso. É un soño na procura de resultados".

A instalación dispón dun foso de saltos a cuberto para adestrarse os doce meses do ano. Ana Peleteiro preparará na casa o Mundial de Pista Cuberta da China e ao aire libre de Toquio e o Europeo Indoor nos Países Baixos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos