Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ana Peleteiro queda a oito centímetros de repetir o bronce olímpico

Ana Peleteiro queda a oito centímetros de repetir o bronce olímpico

A chuvia condicionou o concurso a partir do terceiro salto e a de Ribeira non tivo posibilidade de enxugar a vantaxe que sacaron as rivais nos primeiros saltos

Lafond levou o ouro e a galega quedou cun mellor intento de 14,59

G24.gal 03/08/2024 21:33

Non puido repetir Ana Peleteiro a medalla de bronce acadada en Toquio. A de Ribeira quedou a oito centímetros do terceiro posto nunha competición condicionada pola chuvia. 

Comezou ben cun salto de 14:55 que avisaba das súas intencións. Os primeiros saltos das súas rivais tiveron marcas moi similares con Leyanis Pérez acadando 14:62 e Rickets ou Moore saltando 14:67. No segundo salto Lafond certificou o ouro ao ser a única capaz de superar os quince metros (15:02). E a xamaicana Ricketts acadou 14:87 no terceiro salto, coincidindo co inicio da chuvia. 

Nos tres últimos saltos só a cubana Povea (14:64) e Ana Peleteiro, con 14:59, conseguiron mellorar as súas marcas. Peleteiro baixou do quinto ao sexto posto pero a menos de dez centímetros de estar outra vez no podio duns Xogos Olímpicos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade