Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ana Peleteiro, un chimpo e á final

Ana Peleteiro, un chimpo e á final

A saltadora galega asegurou a final co primeiro intento e non saltou máis

Mañá pode conseguir unha nova medalla para a delegación española

O chimpo de Ana Peleteiro. EFE
G24.gal 02/08/2024 20:18

A Ana Peleteiro chegoulle un intento para facer o seu traballo. Un salto que lle da a clasificación, e a descansar, que este sábado pode ser o día. O da súa medalla, que sería a segunda. E o de mellorala e volver para Galicia cunha prata, ou cun ouro.

A galega tiña as cousas claras. Quería saltar unha soa vez e rematar. Descansar e preservarse para a gran final, onde hai que reflectir o traballo de catro longos anos. E fíxoo. Un gran salto. 14,36. Pedían 14,35 para a final maiúscula.

Ana Peleteiro amosou concentración, temperanza e moita confianza. A que lle da o seu bagaxe e a súa tempada. A que quere coroar cunha gran medalla en París. Haberá que esperar a este sábado para saber como acaba o conto. Pero pode ser un conto dourado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade