Publicador de contidos
Publicador de contidos

O San Tirso pelexará ante a súa xente polo soño de xogar ante un Primeira

O San Tirso pelexará ante a súa xente polo soño de xogar ante un Primeira

A eliminatoria terá lugar o mércores 9 de outubro ante o Selaya cántabro

Futgal Futgal
G24.gal 16/09/2024 15:30 Última actualización 16/09/2024 15:37

Campión das Copas da Coruña e Deputación primeiro, así como da Supercopa Galicia despois, o San Tirso gañouse o dereito para participar na rolda preliminar da Copa do Rei, esa que dá posibilidade aos equipos de categoría territorial de cumprir o soño de recibir no seu campo a un rival de Primeira División.

O sorteo celebrado este luns nas Rozas quixo que o rival dos de Abegondo sexa o Selaya cántabro, e xogarán no campo do Monte.

Boa sorte nese aspecto, porque será ante a súa xente, pero un partido único por diante con todo por decidir. A eliminatoria terá lugar o mércores 9 de outubro, seguramente a última hora da tarde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade