Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan unha axencia de viaxes de Abegondo por estafar 5.000 euros a unha clienta

Investigan unha axencia de viaxes de Abegondo por estafar 5.000 euros a unha clienta

A muller cancelou as vacacións, pero non recibiu o reembolso dos cartos

Os expertos aconsellan verificar o rexistro das axencias antes de contratar paquetes vacacionais

G24.gal 12/06/2024 14:33

Por moitas ganas que teñan de vacacións e o atractivas que poidan resultar algunhas ofertas, non se precipiten:

"Evite a presión para decidir rápido, non tome decisións apresuradas e non faga pagos inmediatos. Se sospeita de fraude, denuncie", advirte Lola Amado, voceira da Garda Civil da Coruña.

Denunciar foi o que fixo unha veciña de Zas, que, por unha emerxencia familiar, cancelou un paquete vacacional e non recuperou os 5.000 euros que pagara. Contratouno nunha axencia de Abegondo, que nin chegara a facer as reservas e tiña antecedentes por estafas similares. Para previr que isto pase, o primeiro é verificar que a axencia forma parte do rexistro de empresas turísticas.

" É moi fácil de atopar o dato en Internet, e esa información dános a garantía de que é un profesional vixiado polas autoridades de turismo e que ademais ten constituídos os correspondentes seguros", explica Miguel López, secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia.

Cómpre asegurarse de ter un contrato escrito en que figuren todos os detalles da viaxe, da política de cancelación e mesmo do número de póliza.

"Se, por exemplo é un seguro de caución temos que poder saber a compañía concreta e o número de póliza", engade Miguel López.

Ademais é aconsellable comprobar directamente cos provedores as reservas en voos e hoteis. Máis vale ser cauto e que nada estrague o desfrute dos días máis desexados do ano. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade