Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncian a celebración de carreiras ilegais nun polígono de Santiago

Denuncian a celebración de carreiras ilegais nun polígono de Santiago

Dende o Concello din que son concentracións de afeccionados ao tunning

 

G24.gal 04/09/2024 13:57

Primeiro queiman roda e despois saen a todo o que dá o coche... Os centos de persoas que asisten a estas quedadas forman un corredor humano entre o que circulan os vehículos. Un pequeno fallo do condutor podería provocar unha traxedia.

As imaxes foron gravadas durante a fin de semana na rúa Formarís, no polígono da Sionlla. Os que asisten a este tipo de concentracións quedan a través de Internet ou das redes sociais. Xa polo día podemos ver as marcas das rodadas e das reviravoltas no asfalto. Tamén unha pintada nun colector do lixo que sinala o punto exacto da quedada.

Hai quen denuncia que moitos aproveitan estas concentracións para realizar carreiras ilegais. Dende o departamento de seguridade cidadá do Concello de Santiago négano. Din que son concentracións de afeccionados ao tunning que se veñen celebrando dende hai anos e que nas intervencións levadas a cabo pola Policía Local nunca detectaron carreiras ilegais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade