Veciños da Valenzá, en Barbadás, denuncian carreiras ilegais
Veciños da Valenzá, en Barbadás, denuncian carreiras ilegais
Din que os coches circulan a moita velocidade e facendo ruído con tubos de escape non homologados
Na Valenzá, no concello ourensán de Barbadás, denuncian carreiras ilegais. Aseguran os veciños afectados que, sobre todo polas noites, son varios os coches que transitan pola principal rúa da localidade a moita velocidade e co escape modificado facendo moito ruído. Piden máis vixilancia para evitar, din, un sinistro.
Aseguran que non é un feito illado, que dende hai uns seis meses, de noite e de día, son varios os coches que pasan a moita velocidade pola Valenzá ata pola arteria principal da localidade, onde está limitada a velocidade a 30 km por hora.
Piden máis vixilancia para evitar o que sospeitan que son carreiras entre coches.
A Policía Local da Valenzá di que si houbo casos puntuais de coches que non respectan a velocidade e con tubos de escape non homologados, pero non teñen constancia de carreiras ilegais.