As carreiras ilegais de coches volven a Santiago de Compostela
As carreiras ilegais de coches volven a Santiago de Compostela
A Garda Civil e a Policía Local desmontaron unha quedada e interpuxeron seis denuncias por condución temeraria
A noite do ventes ao sábado mais de 200 coches déronse cita nos arredores do estadio Verónica Boquete de San Lázaro para participar nunha quedada ilegal; un evento similar ao que tivo lugar no mes de setembro na Sionlla.
Nas dúas houbo unha gran cantidade de participantes e leváronse a cabo manobras e carreiras que puxeron en perigo aos asistentes. Aínda que desta volta as carreiras foron atalladas por unha patrulla da Garda Civil.
Cando os centos de persoas que seguían as carreiras dende os soportais viron as luces do vehículo policial a concentración comezou a disolverse. O que non sabían é que entre os asistentes había varios axentes da Policía Local de Santiago con coches camuflados.
Trátase dun dispositivo especial para atallar este tipo de eventos; unha estratexia que permitiu interpoñer sete denuncias por conducción temeraria e por conducción neglixente; accións que se sancionan coa retirada de seis puntos do permiso de conducir e multas de ata 500 euros.