Multas de 500 euros para tres condutores por carreiras ilegais en Vilanova de Arousa
Os tres condutores identificados participaron en carreiras ilegais no polígono industrial de Baión
Amáis da multa, a sanción implica a perda de 6 puntos no carné de conducir
A Policía Local utilizou un dron para captar as carreiras desde o aire de xeito discreto
A Policía Local de Vilanova de Arousa propuxo sancionar tres condutores que participaron en carreiras ilegais no polígono industrial de Baión.
Os axentes investigan estas competicións que xeran molestias entre a veciñanza. E fano con todos os medios dispoñibles. Chegaron a utilizar un dron para captar as carreiras desde o aire de xeito discreto. Tamén empregan as redes sociais, onde atoparon vídeos das carreiras coas matrículas dos coches visibles.
Os tres condutores identificados enfróntanse a sancións de 500 euros e á perda de seis puntos no carné de conducir.