Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Policía Local de Lalín apela á colaboración cidadá para acabar cos condutores temerarios

A Policía Local de Lalín apela á colaboración cidadá para acabar cos condutores temerarios

Nas últimas semanas interpuxeron tres sancións por condución inadecuada

G24.gal 18/04/2024 14:12

Coches circulando de forma temeraria e a moita velocidade pola casco urbano, aceleracións, derrapaxes e sobre todo moito ruído. Isto é co que conviven os veciños da rúa Chorón e da avenida da Estación de Lalín todas as fins de semana.

Ángel Rey, veciño desta rúa, di que pola súa rúa pasan "moitos coches de gama alta e moi potentes a moita velocidade". 

Os que viven nesta zona levan tempo denunciando esta situación. Temen que un día suceda unha desgraza.

Ángel di que "un día van a atropelar alguén", lembra que a velocidade máxima nesta zona son 30 quilómetros por hora e que "pasan a velocidade desorbitadas".

A Policía Local de Lalín incrementou a vixilancia nestas dúas rúas para poñer freo aos condutores temerarios. Con todo, piden á cidadanía que denuncien este tipo de comportamentos e se é posible que apunten a matrícula do vehículo.

Nas últimas semanas os axentes municipais interpuxeron tres sancións por condución inadecuada. Recentemente tiveron que testificar nun xuízo contra un condutor temerario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade