Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Breogán continúa coa súa posta a punto

O Breogán continúa coa súa posta a punto

O equipo lugués presentou esta mañá a tres novas fichaxes: Charlie Moore, Aleksandar Aranitovic e Éric Vila

É o conxunto que máis incorporacións realizou na Liga ACB

G24.gal 21/08/2024 13:45

O C. B. Breogán volveu esta semana aos adestramentos e o conxunto adestrado por Veljko Mrsic renovou o seu equipo case por completo.

Nakic, Sahko e o sempiterno capitán Érik Quintela son os únicos xogadores que continúan no club da cidade amurallada. Os celestes realizaron este verán ata 9 incorporacións. Ningún equipo da Liga ACB fichou máis xogadores que o Breogán, que presentou nesta mañá a tres dos novos reforzos: o base americano Charlie Moore, o tirador serbio Aleksandar Aranitovic e o pivote Eric Vila. O interior coñece ben a máxima categoría do baloncesto español, logo do seu paso polo Básquet Girona:

"Estou moi contento por esta oportunidade para consolidarme na ACB".

Moore tamén se amosou encantado por vir xogar a Lugo:

"A ACB é unha das ligas máis duras de Europa e todo comeza por adestrar e obter química como equipo para xogar ben e de xeito intelixente".

Pola súa parte, Aranitovic quixo destacar a súa versatilidade, unha das facetas de xogo onde pode axudar máis aos celestes:

"Podo xogar sen problema en ataque e en defensa".

O equipo lugués iniciou a súa preparación de cara a esta tempada, no que será o seu 4º curso consecutivo na Liga ACB.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos