Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veredicto rotundo: o 71,8 % dos cidadáns prefiren a tortilla con cebola

Veredicto rotundo: o 71,8 % dos cidadáns prefiren a tortilla con cebola

España declárase concebolista

Galicia está dividida: con cebola no sur, sen ela no norte

A tortilla preferida dos cidadáns: con cebola e pouco feita
G24.gal 04/09/2024 21:24 Última actualización 04/09/2024 21:48

É un dos eternos dilemas da gastronomía española. A tortilla, mellor con ou sen cebola? Agora o debate semella resolto.

O Centro de Investigacións Sociolóxicas fixo por segundo ano consecutivo unha enquisa sobre turismo e gastronomía, e nela os resultados son contundentes.

A maioría dos cidadáns, o 71,8 %, prefire a tortilla de pataca con cebola, e un 21,3 % inclínase por non engadirlla á tortilla. Son datos similares aos do ano pasado, pero desde aquela a cebola gañou case un 2 % máis de adeptos.

Curiosamente, a tortilla máis afamada, a de Betanzos, faise sen cebola.

Tamén é unha cuestión xeográfica, polo menos en Galicia: con cebola no sur e sen ela no norte. Non parece que haxa lugar a debate nun dos templos da tortilla de Santiago, La Tita, como nos contan o seu responsable Carlos Suárez e Paulo, un dos camareiros do bar.

"Aquí somos sen cebola. Adáptanse. O da cebola parece que pode gustar máis, pero se lles dis que vai sen ela, tómana igual". 

"A xente fai ringleira, son capaces de pasar horas para tomar un petisco de tortilla".

Outro debate é o punto de cocción. Aquí está repartido case á metade, pero gaña o 52,9 %, que a prefire pouco feita.

Si que hai unanimidade sobre quen fai a mellor tortilla do mundo: a da casa, sexa da avoa ou da nai. 

É tanta a paixón pola tortilla, con ou sen cebola, que máis da terceira parte dos cidadáns a considera o prato máis significativo do receitario español, que, porén, tamén está a renovarse para incorporar queixo, chourizo, allo e unha chea de ingredientes novidosos. Así que, axiña quizais entremos noutro debate.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar