Publicador de contidos
Publicador de contidos

A policía investiga a morte dun mozo de 29 anos da Peregrina en Santiago

A policía investiga a morte dun mozo de 29 anos da Peregrina en Santiago

O lugar onde apareceu o corpo sen vida estaba na contorna da súa casa

Buscábase este home desde o mediodía deste luns

Fontes próximas ao caso precisan que non había indicios dun feito delituoso en relación con este caso, á espera do resultado da autopsia

G24.gal 03/09/2024 00:40 Última actualización 03/09/2024 13:26

A policía investiga a morte dun home de 29 anos cuxo cadáver apareceu este luns nunha canteira abandonada de Santiago. O corpo do mozo achouse en Brins, na parroquia da Peregrina, contra as 8 da tarde. Á vítima perdéuselle a pista pola mañá cando, segundo fontes próximas á investigación, fora dar un paseo e apareceu a última hora da tarde.

A causa da morte puido ser unha caída, xa que se precipitou dende unha altura considerable na zona próxima á maquinaria industrial. A investigación para esclarecer as causas segue aberta e non se desbota ningunha hipótese.

A hipótese dunha morte delituosa está practicamente descartada polas policías Xudicial e Científica pero non se desbota calquera causa que motivara a súa caída dende unha altura que fontes próximas ao caso din era bastante elevada. 

Moitos vírano por última vez o domingo nas festas dunha parroquia, a da Peregrina na que están consternados. Non se explican qué puido suceder. Cando desapareceu pola mañá comentou que saía de paseo, pero como non regresou a comer amigos e familiares denunciaron a desaparición e comezou unha busca veciñal e policial que finalmente rematou co tráxico desenlace.

Hoxe en principio practicaráselle a autopsia ao cadáver que determinará as causas exactas do falecemento deste veciño de Santiago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade