Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un morto e catro feridos nun ataque cun coitelo na rúa en Austria

Un morto e catro feridos nun ataque cun coitelo na rúa en Austria

O atacante é un cidadán sirio de 23 anos con permiso de residencia

Unha persoa que foi testemuña da agresión arremeteu co seu coche contra o atacante, que foi arrestado pouco despois

Imaxe de arquivo da Policía austriaca Imaxe de arquivo da Policía austriaca
G24.gal 15/02/2025 19:43

Ataque cun coitelo en plena rúa nunha localidade de Austria, na tarde deste sábado en Austria. O atacante é un cidadán sirio de 23 anos con permiso de residencia, que foi detido.

As vítimas son un menor de catorce anos, que morreu, e outras catro persoas que quedaron feridas tras seren apuñaladas. O maior dos feridos ten 32 anos.

O ataque produciuse en plena rúa no centro da localidade austríaca de Villach, a uns 350 quilómetros ao sur de Viena, informa a axencia de noticias APA citando fontes policiais.

Aínda que dos motivos do ataque,  segundo informa APA, só se sabe que o suposto agresor non tiña antecedentes policiais.

A Policía está aínda investigando se o atacante actuou só ou se tivo algún cómplice, tamén se tiña algunha relación coas súas vítimas.

A agresión produciuse pouco antes das 16:00. Unha persoa que foi testemuña do ataque arremeteu co seu coche contra o atacante, que foi arrestado pouco despois.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade